
Preselección e análise do albariño no viñedo, selección da uva na adega previa ó despalillado. Maceración en frío (10ºC) durante 6-8 horas. Prensado da uva. Desfangado estático no depósito, posteriormente iniciase a fermentación alcohólica en inoxidable baixo un control automatizado da temperatura.
Estabilizado do viño en tanques isotermos, filtrado mediante filtro tanxencial e embotellado. Reposo na botella durante treinta días previo a sua distribución.
SERRA DA ESTRELA é un viño de cor amarelo verdoso con reflexos metálicos, moi atractivo. O seu coidado no viñedo e a sua elaboración otorganlle unha gran intensidade froital, con aromas a albaricoque, pera e froitas exóticas maduras complementadas con notas de lima-limón. Todo perfectamente integrado cunha agradable fondo floral.
Na boca, Serra da Estrela mostra notas vexetais e unha fresca acidez. Persistente.
10-12ºC